lunes, 28 de agosto de 2023

Ata sempre aventureiras e aventureiros!!


 


Despois duns meses de obrigada desconexión e antes de comezar o novo curso, quero dedicar esta publicación ao meu grupo de aventureiros/as.
Un curso complexo, cargado de aprendizaxes e experiencias novas. Gratificante, laborioso, caótico e divertido ao mesmo tempo.
Agora, a piques de emprender camiño nun novo destino, quero plasmarvos con esta foto, a última que nos sacamos, e que resume moi ben todo.
Feliz e afortunada de compartir momentos con vós.
Pachachos infinitos para as miñas 20 luces 💖

😊 A mestra Patricia 😘

miércoles, 10 de mayo de 2023

Saímos no periódico

 Ola familias! Hoxe comparto por aquí unha foto da celebración dos Maios. 

Así de guapos saímos no periódico os de Primeiro e Segundo de Primaria 💗

Coa nosa nova profe Alba a cal xa queremos moito e a profe Vane a cal está moi orgullosa da clase tan boa e traballadora. 

Profe Patri extrañámoste moito.

Somos un gran equipo e unha piña 💗💗



viernes, 21 de abril de 2023

O apicultor Isaac

 Ola familias! Hoxe Isaac ensinoulle a todos os nenos/as do colexio como é o traballo dun apicultor/a. 

Ademáis tamén nos falou do mundo das abellas e mostrounos diferentes materiais que emprega co seu pai e deunos a probar a mel que estaba riquísima😋

Isaac non o puido explicar mellor. 

Parabéns !!! As túas profes estamos moi orgullosas de ti 💗💗

Moitísimas grazas a familia de Isaac por colaborar no noso Proxecto deixandonos os materiais de traballo










Somos unha piña!!!

 Ola familias! Así de contentos estaban os nenos/as con moitas ganas de aprender. 

Formamos un gran equipo! Como dicimos na clase, somos unha piña💗💗



miércoles, 29 de marzo de 2023

Feliz cumpleanos NIKOLÁS

Os teus compis e mestras non queríamos deixar pasar o día sen felicitarte!!
Querémoste moito e desexamos terte aquí axiña!!
💓


miércoles, 15 de marzo de 2023

Saída ao Auditorio e Biblioteca de Ourense

Nesta xornada tivemos a oportunidade de ver unha adaptación teatral da obra de Julio Verne: vinte mil leguas de viaxe submarina.
Ademais, recibimos unha visita guiada pola biblioteca de Ourense e, os que non os tiñamos, fixemos os nosos carnés, para poder coller libros, vídeos, xogos... en calquera biblioteca pública de Galicia.



viernes, 10 de marzo de 2023

miércoles, 8 de marzo de 2023

Día da muller

Hoxe festexamos o día da MULLER no cole. 

Ademais de distintas actividades na aula, tivemos a sorte de contar cunha charla/actividade en materia de IGUALDADE.

Tamén vos deixo a ligazón ao marabilloso video sobre A MULLER DA MIÑA VIDA, onde cada neno/a deuxou a súa pegada no tema. 

👉https://youtu.be/XhyIdu-T1EM

Quedou precioso! 💜